ANTES DE RESERVAR
A información
que precisas.
Resolvemos as dúbidas habituais. Se a túa viaxe require algo concreto, consúltanos antes de reservar.
Como consulto datas ou reservo?
Indícanos as datas, cantas persoas viaxades e o apartamento que prefires. A consulta faise por WhatsApp ou teléfono no 603 042 330. Confirmarémosche dispoñibilidade, prezo e condicións antes de acordar a reserva.
Cantas persoas poden aloxarse?
Cada apartamento ten capacidade máxima para catro persoas, con dormitorio independente e sofá cama no salón. Só poderán aloxarse as persoas incluídas na reserva.
Hai cociña e lavandaría?
Os tres apartamentos teñen cociña propia. A lavandaría común dispón de lavadora e secadora de uso gratuíto.
Cal é o horario de entrada e saída?
A entrada é desde as 15:30 e a saída ata as 11:30. Se precisas outro horario, consúltanos antes de reservar.
Podo viaxar cunha mascota?
As mascotas requiren solicitude e autorización previa do aloxamento. Contacta antes de reservar para confirmar as condicións do teu caso.
Como é o acceso?
Accédese mediante código tanto ao local como ao apartamento. Os apartamentos están na planta baixa do edificio. Se precisas comprobar desniveis, anchuras de paso ou accesibilidade, consúltanos antes de reservar.
Hai aparcadoiro?
Consúltanos para orientarte sobre as opcións de aparcadoiro da contorna antes da chegada.
Que prezo ten a estadía e como podo cancelar?
O prezo depende das datas e do apartamento. As condicións de cancelación son a consultar. Antes de confirmar facilitarémosche o importe e as condicións de pagamento e cancelación. A consulta por WhatsApp non confirma a reserva.
Permítese fumar ou celebrar festas?
Non se permite fumar nin vapear dentro dos apartamentos nin nas zonas comúns, nin celebrar festas ou eventos. Cómpre respectar o descanso dos hóspedes e veciños.
CONTACTO DIRECTO
Falemos da túa estadía.
Cóntanos a túa viaxe. Preparámola contigo.
Consultar non ten custo nin compromiso. A reserva require a nosa confirmación.
Dinos cando vés, cantas persoas sodes e que apartamento che interesa. Axudámosche a escoller entre Agarimo, Arume e Ardora e a preparar a chegada.
Confirmarémosche persoalmente a dispoñibilidade, o importe total e as condicións antes de reservar.