01Acoller é un arte
Agarimo
4 persoas máx. · 1 dormitorio
2 baños · 40,34 m² útiles
A calidez dunha benvida.
Ao pé do Camiño Portugués. Un dormitorio independente, cociña propia e espazo para ata catro persoas en cada apartamento.
Consulta dispoñibilidade e prezo
Mar · Camiño · Fogar

A TÚA ESTADÍA, AO TEU RITMO
Tres apartamentos con cociña propia e unha distribución pensada para descansar xuntos sen renunciar ao dormitorio independente.
Frigorífico, microondas, placa de cociña e zona de comedor nos tres apartamentos.
Cama de matrimonio e sofá cama no salón. Ata catro persoas por apartamento.
Conexión Wi-Fi, televisión e aire acondicionado en cada apartamento.
Lavadora e secadora de uso gratuíto na lavandaría compartida.
AGARIMO · ARUME · ARDORA
Terracota, verde ou azul. Mira as fotos reais e compara cada apartamento antes de consultar as túas datas.
01Acoller é un arte
4 persoas máx. · 1 dormitorio
2 baños · 40,34 m² útiles
A calidez dunha benvida.
02Natureza que abraza
4 persoas máx. · 1 dormitorio
2 baños · 41,65 m² útiles
Unha pausa entre verdes.
03Fotografías reais do aloxamento.
Consulta directa por teléfono ou WhatsApp.
Prezo e condicións antes de confirmar.

RÚA DA SANTIÑA · PONTEVEDRA
Estamos no cruzamento coa Rúa Luis Otero, no Camiño Portugués a Santiago.
Rúa da Santiña, cruzamento coa Rúa Luis OteroANTES DE VIR
Como consultar, capacidade e condicións de estadía.
Todas as preguntas →Indícanos as datas, cantas persoas viaxades e o apartamento que prefires. A consulta faise por WhatsApp ou teléfono no 603 042 330. Confirmarémosche dispoñibilidade, prezo e condicións antes de acordar a reserva.
Cada apartamento ten capacidade máxima para catro persoas, con dormitorio independente e sofá cama no salón. Só poderán aloxarse as persoas incluídas na reserva.
Os tres apartamentos teñen cociña propia. A lavandaría común dispón de lavadora e secadora de uso gratuíto.
A entrada é desde as 15:30 e a saída ata as 11:30. Se precisas outro horario, consúltanos antes de reservar.
CONTACTO DIRECTO
Cóntanos a túa viaxe. Preparámola contigo.
Consultar non ten custo nin compromiso. A reserva require a nosa confirmación.
Dinos cando vés, cantas persoas sodes e que apartamento che interesa. Axudámosche a escoller entre Agarimo, Arume e Ardora e a preparar a chegada.
Confirmarémosche persoalmente a dispoñibilidade, o importe total e as condicións antes de reservar.