← Todos os apartamentos

APARTAMENTO 02 · PONTEVEDRA

Arume

Natureza que abraza

Ata 4 persoas
1 dormitorio · 2 baños
Consultar datas ↗

O TEU APARTAMENTO EN SANTIÑA

Unha pausa entre verdes.

Os verdes do dormitorio e os detalles de inspiración natural dan carácter a Arume. Cociña aberta ao salón, zona de comedor e dormitorio independente para unha estadía ao teu ritmo.

Onde durmiredes

Cama de matrimonio e sofá cama no salón. A capacidade máxima é de catro persoas.

Antes de escoller

O apartamento está na planta baixa. Se precisas comprobar desniveis, anchuras de paso ou condicións de acceso, consúltanos antes de reservar.

As mascotas requiren autorización previa. Orientámoste sobre as opcións de aparcadoiro da contorna ao preparar a chegada.

Lavadora e secadora na zona común de Santiña

SERVIZOS COMPARTIDOS

Prepara a
seguinte etapa.

A lavandaría común dispón de lavadora e secadora de uso gratuíto.

Entrada desde as 15:30 e saída ata as 11:30. Acceso por código tanto ao local como ao apartamento.

Condicións de estadía →

LOCALIZACIÓN

Rúa da Santiña.

No cruzamento coa Rúa Luis Otero, no Camiño Portugués, Pontevedra.

Como chegar · Google Maps ↗ Descubre a contorna →

CONTACTO DIRECTO

Falemos da túa estadía.

Cóntanos a túa viaxe. Preparámola contigo.

Consultar non ten custo nin compromiso. A reserva require a nosa confirmación.

Dinos cando vés, cantas persoas sodes e que apartamento che interesa. Axudámosche a escoller entre Agarimo, Arume e Ardora e a preparar a chegada.

Confirmarémosche persoalmente a dispoñibilidade, o importe total e as condicións antes de reservar.

CONSULTA PERSONALIZADA

Cóntanos as túas datas.

Confirmarémosche a dispoñibilidade e o prezo.

A consulta envíase desde o teu WhatsApp. Poderás revisar a mensaxe antes de enviala; non é unha reserva confirmada.

WhatsApp
Consultar por WhatsAppChamar603 042 330