APARTAMENTO 01 · PONTEVEDRA
Agarimo
Acoller é un arte
O TEU APARTAMENTO EN SANTIÑA
A calidez dunha benvida.
Tons terracota, madeira e luz suave para descansar despois do Camiño ou dun día descubrindo Pontevedra. Un apartamento con dormitorio independente e un salón onde sentirse na casa.
Onde durmiredes
Cama de matrimonio e sofá cama no salón. A capacidade máxima é de catro persoas.
Antes de escoller
O apartamento está na planta baixa. Se precisas comprobar desniveis, anchuras de paso ou condicións de acceso, consúltanos antes de reservar.
As mascotas requiren autorización previa. Orientámoste sobre as opcións de aparcadoiro da contorna ao preparar a chegada.
LOCALIZACIÓN
Rúa da Santiña.
No cruzamento coa Rúa Luis Otero, no Camiño Portugués, Pontevedra.
Como chegar · Google Maps ↗ Descubre a contorna →CONTACTO DIRECTO
Falemos da túa estadía.
Cóntanos a túa viaxe. Preparámola contigo.
Consultar non ten custo nin compromiso. A reserva require a nosa confirmación.
Dinos cando vés, cantas persoas sodes e que apartamento che interesa. Axudámosche a escoller entre Agarimo, Arume e Ardora e a preparar a chegada.
Confirmarémosche persoalmente a dispoñibilidade, o importe total e as condicións antes de reservar.
